Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Lingua Galega e Literatura

LCL / LGL: ¡Feliz verano! Bo verán!

Imagen
Benqueridos nenos e nenas de 1º EP: Chegou este día especial de fin de curso que tanto desexabades algúns e algunhas. Non é de estrañar, porque despois de todo o que traballastes estas vacacións son máis que merecidas! E se queredes seguir traballando no verán? Por suposto, conto con que leades, en castelán e en galego, e que escribades de vez en cando (receitas, xogos de palabras, un poema, un conto...). Se queredes facer actividades como as que propuxen estes meses repasade os posts de Lingua Galega e Literatura e Lengua Castellana y Literatura, pois neles tedes propostas nas que podedes introducir variantes. Nos que publiquei esta semana fixen un breve repaso que tamén vos poderá servir de axuda. Hoxe tamén vos enviarei unha mensaxe personalizada a través da Aula virtual; xa vos fixen chegar algunha as semanas pasadas comentando os vosos traballos. Antes de despedirme, teño que darvos as grazas por todo o que compartimos este curso: os vosos textos, lecturas, com...

Lingua Galega e Literatura: Recitado para pensar

Imagen
Moi bos días! Buscando unha fotografía para preparar actividades, atopei esta que lle saquei hai uns anos a un dos meus gatos favoritos. O gatiño está algo asustado, porque era a primeira vez que subía á viña e non foi quen de baixar, así que houbo que coller unha escaleira e rescatalo. Mentres vía a foto, acordeime dun recitado que facía de nena que ten que ver cos gatos. Trátase duns versos populares sobre os que vos vou pedir que investiguedes se tedes gatos ou se durante as vacacións estades con alguén que os teña. Neniño que tanto sabes e que tes tanto saber; ¿cantas unllas ten un gato acabado de nacer? - Esa pregunta, señora, ben lla podo responder; cinco unllas nunha pata vinte nas catro ha de ter. (Popular)  *Unllas= uñas Actividade 1.- Ler varias veces estes versos ata conseguir recitalos de memoria con soltura. 2.- Copialos no caderno ou nun folio. 3.- Facer un debuxo relacionado cos versos. Podemos motivarnos bo...

Lingua Galega e Literatura: Palabras encadeadas

Imagen
Moi bos días! Coñecedes o xogo das palabras encadeadas? Instrucións de xogo (texto instrutivo): Palabras encadeadas Unha persoa comeza o xogo dicindo unha palabra. A seguinte persoa debe dicir outra que comece pola sílaba final da que propuxo o xogador ou xogadora anterior, e así sucesivamente. Deste xeito as palabras quedarán encadeadas por unha sílaba. Non se poden repetir palabras. Quen non sexa capaz de seguir a cadea queda eliminado/a. Variantes do xogo: Tamén se pode xogar escribindo as palabras en vez de facelo oralmente. Pode acordarse permitir repetir palabras. Pode acordarse que non haxa eliminacións nin ganadores/as. Exemplo de palabras encadeadas: casa – sapo – poda – data – tapadeira – raqueta – tarrañolas – lasca - caravel Por certo, tarrañolas non é unha palabra inventada, senón que se trata dun instrumento musical tradicional de Galicia. Queredes escoitalas? Comprobacións: E se queremos comprobar se as palabras que propón cada xogado...

Lingua Galega e Literatura: Lectura comprensiva

Imagen
Bos días! Xa sabedes o moito que insisto en que busquedes todos os días uns minutos para ler. Escollede textos ou libros que vos gusten e que poidades entender. Poden ser contos, cómics, libros de poemas, de inventos, de animais, de aventuras, de receitas, biografías, etc. Tratade de ler tanto en castelán como en galego, pero non ten que ser todos os días os dous idiomas. Como parte desas lecturas, hoxe propóñovos ler este texto narrativo en galego que vai acompañado dunhas preguntas: Unha mañá de sol, o coello Coque foi pasear polo campo co ganso Pancho. Ao pasar a carón dunha horta, o ganso exclamou: - Que cabazas enormes! É raro que algo tan grande naza nunha planta tan pequena. As cabazas deberían nacer nunha árbore. Non cres? - Non che sei, Pancho -dixo o coello. Pouco despois pasaron a carón dunha grande árbore. Era un carballo e no chan había moitas landras que caeran del. Entón o ganso dixo: - Ves? As landras son pequenas. Deberían nacer nunha mata coma a da caba...