Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Información xeral

CONSELLIÑOS PARA SAÍR A PASEAR

Imagen
Ola nenas e nenos! Temos boas novas! Este domingo por fin poderedes saír a dar un paseo. Sabedes que será un paseo especial e con medidas de protección, por iso vos deixamos aquí  uns conselliños e recomendacións. O máis importante é lavar ben as mans. Sabemos que o estades facendo xenial, como practicamos no Colexio. Recordámosvos as indicacións da Xunta de Galicia. Recordade tamén que hai varios videos en youtube onde explican se necesitades adaptar unha mascarilla ás vosas medidas.   Desexamos que vos coidedes moito e que nos poidamos atopar pronto. Unha forte aperta, O voso titor ☺️.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Imagen
Queridos nenos e nenas, Como sabedes, mañá comezan as vacacións de Semana Santa. Durarán dende o sábado 4 de abril ata o luns 13 de abril (incluído). Durante estes días para entretervos podedes facer  de forma totalmente voluntaria  algunhas das actividades que figuran na proposta xeral de actividades (o primeiro post), actividades recomendadas que non fixestes antes ou as que aínda se publicarán despois deste post. Tamén vos podedes mover e relaxar volvendo a facer as actividades presentadas nas diferentes entradas de Educación Física (podedes buscalas pola etiqueta). Imaxe de Susanne Jutzeler, suju-foto en Pixabay ¡Moito ánimo! Os meus mellores desexos para esta Semana Santa atípica, para vós e as vosas familias Unha forte aperta do voto titor ☺️.

Método Amco - Homeschooling na casa 🏠

Imagen
🏡  Queridas familias, Informamos de que Amco creou en aberto unha nova web,  Homeschooling by Amco , un espazo no que se comparten actividades en inglés. Están clasificadas por etapa, tipo, duración…e engadiranse de xeito progresivo recursos que faciliten o contacto do alumnado coa lingua inglesa nesta etapa de formación non presencial. Estas actividades e recursos poden ser un complemento ás que nós sigamos propoñendo. Acceso:   https://www.amconews.es/amco-en-casa/homeschooling-byamco/ Un saúdo afectuoso

PROGRAMACIÓN EDUCATIVA NA TV

Imagen
Hoxe arrancou a emisión en varias canles de televisión dunha programación especial de tipo educativo para facilitar a aprendizaxe do alumnado durante as suspensión das clases presenciais. Estas propostas non substitúen ás dos centros educativos, pero son complementarias. Proporcionámosvos a información por se resulta do voso interese: Clan TV e La 2 de TVE: “APRENDEMOS EN CASA” Programación: Luns: Matemáticas Martes: Ciencias Sociais Mércores: Ed. Artística e Ed. Física Xoves: Lengua e Idiomas Venres: Ciencias Naturais Horarios, idades e canle:  6-8 anos - 9:00-10:00 – Clan TV 8-10 anos - 10:00-11:00 – Clan TV 10-12 anos – 11:00-12:00 – Clan TV 12-14 anos – 12:00-13:00 – La 2 TVE 14-16 anos- 13:00-14:00 – La 2 TVE G2 da CRTVG: Programación educativa Emisións de 11:00 a 13:00 11:00-  “ Era unha vez... o home” : serie animada creada por  Albert Barillé na que se aborda a historia da humanidade. 11:30-  “ Era unh...