LGL, LCL e Relixión: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Bos días! Lembrades o tema do coidado e amor á natureza que traballamos en clase con aquelas imaxes de animais e do mundo natural e cos vosos debuxos? E o lema deste curso no Colexio? Quizais esta imaxe vos axude: Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, imos retomar ese tema pero en sentido máis amplo, porque falar de medio ambiente abrangue moito máis que falar da natureza, de feito, o medio ambiente non só é o natural, tamén é o medio ambiente cultural. Este vídeo explícanos que significa medio ambiente: Que podemos facer nós para coidar o medio ambiente e coidar o noso planeta? Cales son esas actuacións locais ás que fai referencia o lema do curso que están nas nosas mans? Penso que todos e todas coñecedes a Regra dos 3 ERRES : REDUCIR: reducir o consumo, consumir de xeito racional. Necesito comprar isto? Ten un envoltorio excesivo? REUTILIZAR: darlle á máxima utilidade ás cousas, sen necesidade de tiralas tras un uso. Así producimos menos lixo e consum...