LCL / LGL: ¡Feliz verano! Bo verán!
Benqueridos nenos e nenas de 1º EP: Chegou este día especial de fin de curso que tanto desexabades algúns e algunhas. Non é de estrañar, porque despois de todo o que traballastes estas vacacións son máis que merecidas! E se queredes seguir traballando no verán? Por suposto, conto con que leades, en castelán e en galego, e que escribades de vez en cando (receitas, xogos de palabras, un poema, un conto...). Se queredes facer actividades como as que propuxen estes meses repasade os posts de Lingua Galega e Literatura e Lengua Castellana y Literatura, pois neles tedes propostas nas que podedes introducir variantes. Nos que publiquei esta semana fixen un breve repaso que tamén vos poderá servir de axuda. Hoxe tamén vos enviarei unha mensaxe personalizada a través da Aula virtual; xa vos fixen chegar algunha as semanas pasadas comentando os vosos traballos. Antes de despedirme, teño que darvos as grazas por todo o que compartimos este curso: os vosos textos, lecturas, com...