LGL, LCL e Relixión: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Bos días!
Lembrades o tema do coidado e amor á natureza que traballamos en clase con aquelas imaxes de animais e do mundo natural e cos vosos debuxos?
E o lema deste curso no Colexio? Quizais esta imaxe vos axude:


Hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, imos retomar ese tema pero en sentido máis amplo, porque falar de medio ambiente abrangue moito máis que falar da natureza, de feito, o medio ambiente non só é o natural, tamén é o medio ambiente cultural. Este vídeo explícanos que significa medio ambiente:


Que podemos facer nós para coidar o medio ambiente e coidar o noso planeta? Cales son esas actuacións locais ás que fai referencia o lema do curso que están nas nosas mans?

Penso que todos e todas coñecedes a Regra dos 3 ERRES:

REDUCIR: reducir o consumo, consumir de xeito racional. Necesito comprar isto? Ten un envoltorio excesivo?
REUTILIZAR: darlle á máxima utilidade ás cousas, sen necesidade de tiralas tras un uso. Así producimos menos lixo e consumiremos menos recursos.
RECICLAR: separar os residuos permite aforrar enerxía, auga, materias primas, tempo, cartos...

Actividade:
Clasifica os elementos deste listado segundo teñan que ver con REDUCIR, con REUTILIZAR ou con RECICLAR. Podes lelos e comentalos con alguén, ou volvelos a escribir facendo os tres grupos.

  • Materia orgánica: restos de comidas para facer compost.
  • Comprar as bebidas en botellas de vidro retornables.
  • Limitar o consumo de produtos de usar e tirar.
  • Reducir o consumo de enerxía e auga.
  • Utilizar o papel polas dúas caras.
  • Papel e cartón: colector AZUL.
  • Regalar a roupa que xa non usas.
  • Escoller produtos locais para comer.
  • Usar pilas que se poden recargar, pois o mercurio é moi contaminante.
  • Plásticos: colector AMARELO.
  • Evitar usar papel de aluminio.
  • Vidro: colector VERDE.
  • Obxectos de metal: PUNTO LIMPO.
  • Escoller produtos con pouco envoltorio.

Despois de facer esta clasificación seguro que se che ocorren moitos máis. Podes engadilos ao listado!

Parabéns polo traballo!

Outros recursos:

Aquí vos deixo outros recursos que penso que vos poden gustar:

Un vídeo: The Secret -Planet Earth


En castelán:

Un conto: ¿Qué le pasa al planeta?


Unha canción: Pequeño planeta 


En galego:

Unha lectura: Un día sen Sol (A nave dos libros, páxinas 98-101).

Que teñades un bo día!
Unha forte aperta
A mestra de Lengua, Lingua e Relixión

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬