CONSELLIÑOS PARA SAÍR A PASEAR

Ola nenas e nenos!

Temos boas novas! Este domingo por fin poderedes saír a dar un paseo. Sabedes que será un paseo especial e con medidas de protección, por iso vos deixamos aquí uns conselliños e recomendacións.

O máis importante é lavar ben as mans. Sabemos que o estades facendo xenial, como practicamos no Colexio.

Recordámosvos as indicacións da Xunta de Galicia.



Recordade tamén que hai varios videos en youtube onde explican se necesitades adaptar unha mascarilla ás vosas medidas. 
Desexamos que vos coidedes moito e que nos poidamos atopar pronto.
Unha forte aperta,
O voso titor ☺️.

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬