Lingua Galega e Literatura: Recitado para pensar
Moi bos días!
Buscando unha fotografía para preparar actividades,
atopei esta que lle saquei hai uns anos a un dos meus gatos favoritos.
O gatiño está algo asustado, porque era a primeira vez
que subía á viña e non foi quen de baixar, así que houbo que coller unha
escaleira e rescatalo.
Mentres vía a foto, acordeime dun recitado que facía de
nena que ten que ver cos gatos. Trátase duns versos populares sobre os que vos
vou pedir que investiguedes se tedes gatos ou se durante as vacacións estades
con alguén que os teña.
Neniño que tanto sabes
e que tes tanto saber;
¿cantas unllas ten un gato
acabado de nacer?
- Esa pregunta, señora,
ben lla podo responder;
cinco unllas nunha pata
vinte nas catro ha de ter.
(Popular)
*Unllas= uñas
Actividade
1.- Ler varias veces estes versos ata conseguir recitalos de memoria con soltura.
2.- Copialos no caderno ou nun folio.
3.- Facer un debuxo relacionado cos versos. Podemos motivarnos botando man desta canción: Eu son un artista.
4.- Investigar: É verdade o que din estes versos?
Déixovos pensando; entre todos/as resolveremos o misterio...
Continuará o vindeiro curso!
Unha forte aperta
A mestra de Lingua
