Lingua Galega e Literatura: Palabras encadeadas
Moi bos días!
Por certo, tarrañolas non é unha palabra inventada, senón que se trata dun instrumento musical tradicional de Galicia.
Queredes escoitalas?
Comprobacións:
Coñecedes o xogo das palabras encadeadas?
Instrucións de xogo (texto instrutivo): Palabras encadeadas
Unha persoa comeza o xogo dicindo unha palabra. A seguinte persoa debe dicir outra que comece pola sílaba final da que propuxo o xogador ou xogadora anterior, e así sucesivamente. Deste xeito as palabras quedarán encadeadas por unha sílaba.
Non se poden repetir palabras.
Quen non sexa capaz de seguir a cadea queda eliminado/a.
Variantes do xogo:
Variantes do xogo:
Tamén se pode xogar escribindo as palabras en vez de facelo oralmente.
Pode acordarse permitir repetir palabras.
Pode acordarse que non haxa eliminacións nin ganadores/as.
Exemplo de palabras encadeadas:
casa – sapo – poda – data – tapadeira – raqueta – tarrañolas – lasca - caravel
Exemplo de palabras encadeadas:
casa – sapo – poda – data – tapadeira – raqueta – tarrañolas – lasca - caravel
Por certo, tarrañolas non é unha palabra inventada, senón que se trata dun instrumento musical tradicional de Galicia.
Queredes escoitalas?
E se queremos comprobar se as palabras que propón cada xogador ou xogadora están en galego? Podémolas buscar nun dicionario, por exemplo, o dicionario online da Real Academia Galega: https://academia.gal/dicionario
Para consultar o dicionario tedes que ter en conta que hai que introducir as palabras en singular. Se introducimos “mazás” vainos poñer que o termo non aparece no dicionario, pero si aparece se escribimos “mazá”, que está en singular.
E se inventamos as palabras?
E se inventamos as palabras?
Propóñovos tamén xogar algunha vez inventando palabras. Partimos dunha primeira palabra que non é inventada e imos encadeando palabras que non existen.
Exemplo:
axóuxere – rexupo – poruline – nechipo – ponemixa, etc.
Para comprobar que esas palabras non existen podemos buscalas no dicionario, lembrando escribilas en singular.
Xogade ás palabras encadeadas, con palabras reais ou inventadas, partindo destas:

- pega –
- xoaniña –
- bolboreta –
- reloxo –
Pistas para encadear a segunda palabra:
ñáñaras xogar talo Galicia
A terceira, cuarta, quinta...xa é cousa vosa!
Que o pasedes ben xogando!
Un saúdo
A mestra de Lingua