Lingua Galega e Literatura: Lectura comprensiva

Bos días!
Xa sabedes o moito que insisto en que busquedes todos os días uns minutos para ler. Escollede textos ou libros que vos gusten e que poidades entender. Poden ser contos, cómics, libros de poemas, de inventos, de animais, de aventuras, de receitas, biografías, etc. Tratade de ler tanto en castelán como en galego, pero non ten que ser todos os días os dous idiomas.
Como parte desas lecturas, hoxe propóñovos ler este texto narrativo en galego que vai acompañado dunhas preguntas:


Unha mañá de sol, o coello Coque foi pasear polo campo co ganso Pancho. Ao pasar a carón dunha horta, o ganso exclamou:
- Que cabazas enormes! É raro que algo tan grande naza nunha planta tan pequena. As cabazas deberían nacer nunha árbore. Non cres?
- Non che sei, Pancho -dixo o coello.
Pouco despois pasaron a carón dunha grande árbore. Era un carballo e no chan había moitas landras que caeran del. Entón o ganso dixo:
- Ves? As landras son pequenas. Deberían nacer nunha mata coma a da cabaza. E as cabazas, nunha árbore coma esta.
Nese momento, unha landra soltouse dunha póla e pin!, caeu na cabeza do ganso.
- Ai, como doe! -dixo Pancho.
- Uf, pois menos mal que só che é unha landra. Se chega a ser unha cabaza...
O ganso mirou para o coello e díxolle:
- Tes razón, Coque. As cabazas están ben onde están. E os dous amigos botáronse a rir.

Despois de ler este texto contestade ás preguntas:
a.   Que son e como se chaman os personaxes?


b. Onde nace cada froito? Completa.
c. Rodea a oración correcta:
Coque e Pancho chegaron a unha horta.
As cabazas eran moi pequenas.
d. Como se chama a árbore que dá as landras? Rodea a opción correcta.

A cerdeira          O castiñeiro                 O carballo


Para rematar o traballo podedes colorear o debuxo ou facer vós un.

Unha aperta
A mestra de Lingua

Fonte do texto e das preguntas: VV.AA. (2015). Lingua Primaria 1. Segundo trimestre. Santiago de Compostela, Santillana Obradoiro, pp. 122-125.

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬