Lingua Galega e Literatura: A cousa que máis doe do mundo
Bos días! Que tal o pasastes estes días?
Comezamos a semana cun conto popular que quizais
coñecedes: A cousa que máis doe do mundo.
Este conto procede da tradición oral africana, en
concreto de Costa de Marfil. Paco Liván e Roger Olmos son os autores da versión
publicada por OQO e, a partir dela, fíxose esta adaptación cinematográfica que
forma parte de Os contos no camiño:
Actividades
Estas actividades
levarían máis dunha sesión de clase, así que podedes repartilas entre varios
días.
1.- Visualiza o vídeo unha vez sen detelo.
2.- Expresión oral
Comenta con alguén en galego estas cuestións:
- Como te sentiches vendo o vídeo? Explícao.
- Estás de acordo co que conta esta historia? Tanto se a resposta é “si” como se é “non” explica o motivo.
- Gústache o conto? Explícao.
- Gústache o final deste conto? Notas algo en falta? Explícao.
- Inventa un final diferente para este conto.
3.- Escritura
Escribe no caderno ou
nunha folla o título e os nomes de todos os personaxes que interveñen na orde
na que aparecen. Escribe diante de cada nome o artigo que corresponda. Podes
volver a ver o vídeo e paralo varias veces para tomar nota.
Exemplos:
A cebra
As moscas
4.- Volve a pensar nun final diferente para este conto e
escríbeo.
5.- Fai un debuxo sobre o conto.
Parabéns, tarefa rematada!
Abrirei un apartado
específico na Aula virtual, dentro da área de galego, para que poidades
entregar a parte escrita desta tarefa. Prazo: ata o 16 de xuño.
Unha aperta agarimosa
A mestra de Lingua
