Lingua Galega e Literatura: Xa choveu
Bos días!
Acordádesvos do concerto De aquí para alá ao que
asistimos no Auditorio de Galicia?
Unha das cancións que cantamos e bailamos era Xa choveu, que conta como
un neno de África está triste no alto dun baobab (árbore) mentres os veciños
cantan e bailan facendo un ritual da choiva. A canción é de Lydia Botana, á que
poderedes ver de novo no vídeo que vos achego.
Actividades
1.- Le a letra da canción varias veces:
XA CHOVEU (Lydia
Botana)
Nunha vila vive un neno
que chorando na árbore está.
Os veciños bailan embaixo
porque a choiva xa está a chegar!
Xa choveu xa choveu eu eu eu
xa choveu xa choveu eu eu eu
xa choveu xa choveu eu eu eu
xa choveu xa choveu eu eu eu.
2.- Busca en internet fotografías de baobabs. Parécense ás
árbores que hai en Galicia? Coméntao con alguén.
3.- Busca no dicionario online da Real Academia Galega a
palabra choiva e a palabra chuvia, ambas sinónimas (significan o mesmo) e correctas
en galego: https://academia.gal/dicionario
4.- Escoita varias veces a canción. Canta e baila ata aprender a letra de memoria.
5.- Escribe a canción de memoria. Evita mirar a letra.
6.- Cando acabes, podes comprobar se a escribiches ben e,
se é necesario, corrixila.
7.- Fai un debuxo que teña que ver coa letra da canción.
Esta actividade non é necesario entregala na Aula Virtual,
aínda que se o desexas podes facelo en “Outras tarefas”.
Non esquezas dedicar uns minutos a ler cada día!
Que pases unha moi boa fin de semana!
Unha aperta
A mestra de Lingua