Lingua Galega e Literatura: Ricardo Carballo (Carvalho) Calero



Bos días!

Estamos na Semana das Letras Galegas, xa que o vindeiro domingo 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero, quen firmaba as súas obras como Ricardo Carvalho Calero, polo que podemos ver o seu nome escrito das dúas formas.

O Día das Letras Galegas celébrase sempre o 17 de maio, pero este ano a Real Academia Galega trasladou ao outono parte dos actos.

Comezamos as actividades da Semana das Letras con estas propostas de actividades elaboradas polo Seminario Galán. Tamén as podedes atopar en: 
http://seminariogalan.org/2020/ACT_1_ED_PRIMARIA.pdf

1.- Le a biografía de Ricardo elaborada polo Seminario Galán para 1º de Primaria:

O escritor Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. 
Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo. Tivo cinco irmáns máis. 
De pequeno estudou en Ferrol, nunha escola da rúa Magdalena, a rentes da súa casa, e nun colexio dirixido polo escritor Manuel Comellas. Ao acabar o bacharelato marchou á universidade de Compostela.
Escribiu en moitas revistas galegas e sempre defendendo o idioma e a cultura galega: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios... 
Tamén é autor de moitos libros de poemas, teatro, relatos... entre os que hai que salientar A xente da Barreira e Scórpio
As pitas baixo a choiva, dirixido aos máis pequenos, cóntanos un feito que lle pasou a Ricardo cando era neno. Quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio. Ao final do relato estaban todos mollados como pitos: as pitas, el e toda a súa familia. 
Foi profesor do instituto Rosalía de Castro de Santiago, e o primeiro catedrático de Lingua Galega da universidade. 
Tamén foi membro da Real Academia Galega (RAG) e o seu discurso de ingreso foi sobre a poetisa galega Rosalía de Castro.
Este ano a RAG dedícalle o Día das Letras Galegas pola súa defensa do idioma galego e da súa cultura.

2- Cal é o nome do escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas este ano? Completa.

3- Que camiño ten que seguir Ricardo para chegar a tres das revistas nas que traballou?

4- Que lembras de Ricardo Carvalho Calero? Podes volver a ler a biografía para contestar.


5- Completa a ficha do escritor (podes imprimir, recortar e pegar ou copiala):

Seguiremos aprendendo máis cousas sobre este escritor ao longo da semana.

Unha aperta
A mestra de Lingua

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬