Lingua Galega e Literatura: Día das Letras Galegas


Moi bos días! 
Antes de nada, parabéns polos vosos magníficos espantallos! Aquí podedes ler o poema que recitaron as vosas compañeiras de 2º ESO:


Fernández, Ana María (2016). Versos da tarde laranxa. Galaxia, Vigo, pp. 24-25.

Que facemos sempre no colexio polas Letras Galegas? Hai unha tradición que nunca falta: cantar o Himno Galego. A letra do noso himno pertence ao poema Os Pinos de Eduardo Pondal, ao que puxo música Pascual Veiga.
 Aquí tedes un vídeo coa letra para poder cantalo:


Ricardo Carballo Calero / Ricardo Carvalho Calero

Entre os textos Ricardo Carballo (Carvalho) Calero, escollín un no que escribe sobre os galos. Pertence ao libro As pitas baixo a choiva, pensado para os máis cativos, no que conta o que lle pasou un día de choiva cando tratou de meter ás galiñas no galiñeiro: acabou completamente mollado.

Lede o texto e coloreade o galo:

* Cristas: a crista é a parte de carne que sobresae sobre a cabeza dalgunhas aves.


Os galos e as galiñas son animais da granxa. No recadro aparecen con eles outros catro animais de granxa. Localizádeos a todos na sopa de letras.


Se queredes facer un galo, como a mascota de Ricardo, podedes pintar cada unha das partes deste recortable, recortalas e despois pegalas seguindo o modelo.


Por último, se queredes entretervos estes tres días que non teremos clase, podedes facer actividades en liña sobre Ricardo Carvalho Calero, déixovos aquí os enlaces para acceder ás propostas polo Seminario Galán para 1º de Primaria: 

Que pasedes unha boa fin de semana das Letras Galegas!
Unha aperta
A mestra de Lingua

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬