Lingua Galega e Literatura: As comidas do día


Bos días!
Como foi a fin de semana? Agardo que moi ben.



Hoxe repasaremos o vocabulario relacionado coas principais comidas do día.

O almorzo
O xantar ou a comida
A merenda
A cea

Para iso propóñovos que tomedes nota do que comades ao longo de todo o día (ou que o inventedes) e que escribades oracións con esa información.

Por exemplo:

No almorzo tomei unha mazá, un vaso de zume de laranxa e leite con cereais.
No xantar comín ensalada con leituga e tomate, tortilla de patacas e de sobremesa fresas.
Para a merenda preparei un bocadillo de queixo e marmelo.
Na cea vou comer unha sopa de verduras e un filete de pescada.

Outra forma de escribilo é empregando os verbos:

Almorzar
Xantar ou comer
Merendar
Cear

Por exemplo:

Hoxe almorcei tostadas con mel, un vaso de leite e un plátano.
Vou xantar sopa de fideos, filete de tenreira con arroz e macedonia.
Merendei un bocadillo de xamón e media mazá.
Hoxe cearei unha tortilla francesa e un iogur.

Se tedes tempo, cando rematedes podedes facer un debuxo relacionado coas oracións.

Esta actividade non é necesario que a entreguedes.

Dedicade tamén uns minutos a ler en A nave dos libros ou noutros libros ou textos en galego que teñades na casa.

Que pasedes un bo día!
Unha aperta
A mestra de Lingua

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬