Como entrar na Aula Virtual do Colexio para entregar traballos
Boas tardes!
Ao longo da tarde de hoxe enviareille ás vosas familias a través de abalarMóbil o voso nome de usuario e contrasinal para que poidades acceder á Aula Virtual do Colexio (Moodle), que empregaremos, polo momento, para recibir e poder comentar os vosos traballos.
Para acceder á Aula Virtual só tedes que entrar na páxina web do Colexio, www.colexionslourdes.es e, en Enlaces, premer sobre Aula Virtual (acceso restrinxido). A continuación, introducides os vosos datos (usuario e contrasinal) e poderedes ver as áreas nas que estades matriculados. Dentro dalgunhas áreas hai xa creadas entradas para a entrega dalgúns dos traballos que vos pedimos que gardarades. Iremos engadindo máis pouco a pouco. Tamén hai a opción de entregar algún outro traballo que fixerades e que vos faga ilusión compartir con nós.
Para guiarvos no proceso preparamos este vídeo:
App Store:
Google Play:
👉https://play.google.com/store/apps/details?id=com.microsoft.office.officelens&gl=ES👈
Se tedes algunha dúbida as vosas familias poden preguntarme a través de abalarMóbil ou por correo electrónico. Tamén podedes preguntarme durante as videoconferencias.
Non é necesario entregar todas as tarefas que vos pedimos gardar de golpe, teñen marcadas unhas datas de entrega para orientarvos, pero hai bastante marxe.
Unha aperta
O voso titor 💙.
