MES DO LIBRO: VIAXAR COA IMAXINACIÓN!
Abril é o mes do libro. Onte celebrouse o Día
Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o día 23 celebrarase o Día Mundial
do Libro e os Dereitos de Autor.
Por iso, para este mes propóñoche dedicar todos os días uns
minutos a un libro, sexa en papel ou dixital. Valen libros de todo tipo: de
contos, de poesía, de aventuras, de receitas, de biografías, de inventos, de
curiosidades, de animais, de plantas, novelas, enciclopedias, cómics... 📖
Escolle cada día un libro e dedícalle algún tempo. Se é
en papel fíxate na cuberta (por fóra, parte de diante), na contracuberta (por
fóra, parte de atrás), no lombo (por fóra, a parte que ves nesta foto), no
índice, no número de páxinas, nas ilustracións… Le todos os días en silencio e
tamén uns minutos en voz alta.
E que me dis dos teus libros favoritos? 💖 Eses que che
gusta ver e ler unha e outra vez? Dedícalle tamén un tempo e preséntallos a
alguén.
Como non podemos ir ás bibliotecas, podemos acceder ás propostas das súas webs e blogs. Tamén temos a opción dos contacontos. Por exemplo, a sección “Contos contados” de KalandrakaTV: http://www.kalandraka.tv/gl/index.php
Como non podemos ir ás bibliotecas, podemos acceder ás propostas das súas webs e blogs. Tamén temos a opción dos contacontos. Por exemplo, a sección “Contos contados” de KalandrakaTV: http://www.kalandraka.tv/gl/index.php
Cando rematen as vacacións de Semana Santa propoñereivos
algunhas actividades relacionadas cos libros. Polo momento...
HOXE PRESENTO... UN CONTO E UN POEMA
El hombrecillo de la lluvia, de Gianni Rodari, é un conto curto moi fermoso, tanto
polo texto como polas ilustracións. Aquí podedes ver as primeiras páxinas:
https://youtu.be/WhyQNLELOFE
Ler, contar, inventar e xogar cos contos pode resultar tremendamente divertido. Como di Antón Cortizas neste poema, poden ser contos longos, de veras, disparatados, de risa...
https://youtu.be/WhyQNLELOFE
Ler, contar, inventar e xogar cos contos pode resultar tremendamente divertido. Como di Antón Cortizas neste poema, poden ser contos longos, de veras, disparatados, de risa...
Heiche contar…
Heiche contar un conto moi longo
que non ten final, tampouco principio.
Heiche contar un conto de risa:
isto era unha vez un rei sen camisa.
Heiche contar un conto de veras:
por moito que penso non sei como era.
Heiche contar un conto sen présas
que nunca se acaba nin nunca comeza.
Antón Cortizas
Aínda que nesta Semana Santa non podemos viaxar nin saír
da casa, sempre temos a opción de deixarnos levar pola nosa imaxinación. Coa
axuda dos libros podemos viaxar por todo o mundo sen movernos do sitio!
Unha forte aperta e os meus mellores desexos para estes
días de vacacións
A vosa mestra de Lengua e Lingua