Imagen de Clker-Free-Vector-Images en Pixabay
Hoxe propóñovos o seguinte:
- Se non tivestes tempo de escribir a carta para a vosa nai podedes aproveitar para facela hoxe consultando os últimos post de Lengua Castellana y Literatura, nos que vos expliquei todos os pasos.
- É posible que escribirades a carta e non tiverades tempo de facer o debuxo. Tamén podedes aproveitar para facelo agora.
E se o anterior xa está todo listo, imos alá co envoltorio.
ENVOLTORIO OU SOBRE PARA A CARTA
Se tedes un sobre podedes meter nel a carta e o debuxo e decoralo. Se non tedes sobre non hai que preocuparse, pois hai outras opcións. Por exemplo:
* Utilizar un folio para facer o sobre:
1.- Dobramos o folio, pero en lugar de facelo pola metade, deixamos que unha parte sobresaia arredor de 3 cm:
2.- Dobramos os laterais e pegamos con cinta adhesiva ou cola:
3.- Dobramos as esquinas da parte que sobresae:
4.- Dobramos esa parte que sobresae e escribimos nela o remite, neste caso podemos poñer unha frase cariñosa no lugar do nome, apelidos e enderezo:
5.- Pola parte de diante poñeríase o selo e os datos do destinatario (nome, apelidos e enderezo). No caso desta carta especial, que entregaremos en man, podemos substituír todo isto por un PARA MAMÁ e un debuxo (eu comecei así, aínda teño que completar a decoración):
Outras ideas para presentar a carta:
* Dobrar a carta e o debuxo e envolvelos con papel de regalo. Pegarlle unha etiqueta que podemos facer con papel e escribir algo. Por exemplo:
PARA MAMÁ, CON AMOR
CON MOITO AGARIMO DA TÚA FILLA
CON MOITO AGARIMO DO TEU FILLO
SORPRESA PARA MAMÁ, FEITA CON MOITO CARIÑO
* Enrolar a carta e o debuxo e atalos cun lazo, fío...
* Facer un avión coa carta e outro co debuxo e facerllos chegar dun xeito orixinal.
Xa tedes a sorpresa para as vosas nais preparada! Agardo que desfrutarades facéndoa e que lles guste moito.
Unha forte aperta
A mestra de Lingua Castelá e Lingua Galega
|