Lingua Galega e Literatura: Un conto popular
Boas tardes!
Hoxe propóñovos a
lectura dun conto procedente da tradición oral galega. Parécese a algún que xa vos lin na clase, pero con
algunhas variantes. Titúlase O corvo e o raposo e está publicado na web Galicia
Encantada. Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia (https://galiciaencantada.com/index.asp).
A ver que vos parece
o que acontece no conto. Se tedes ocasión, comentádeo con alguén.
Quen inventou este conto?
Non o sabemos, porque foise transmitindo oralmente de pais a fillos. Esta versión recolleuna Estefanía Quiroga Somoza en Suñide (Samos, Lugo) en maio de 2006. Contoullo Lito Somoza.
Unha forte aperta
A mestra de Lingua
