Lingua Galega e Literatura: Os meus personaxes favoritos
![]() |
| Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay |
Moi bos días, nenas e nenos!
Hoxe propóñovos pensar nos vosos personaxes favoritos dos
libros. Por exemplo:
- Personaxes aos que lle tedes un cariño especial.
- Personaxes que vos fan rir.
- Personaxes que admirades polo que din ou fan.
- Personaxes que vos gustan por como están debuxados.
- Personaxes que vos gusta debuxar.
Podedes facer un listado cos seus nomes e, tratando de
falar en galego, comentar con alguén por que vos gustan. Outra opción é que o
escribades e que fagades un debuxo.
Exemplos:
A min gústame moito o pirata Moitabarba, porque me fai
moita graza como se soluciona a situación que vive e encántame como está
debuxado. É o único protagonista do conto “O pirata Moitabarba”, que está no
libro titulado Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto &
Chinto, que xa vos presentei noutro post. Kalandraka, a editorial do libro,
permítenos ler este conto (tamén “O pozo dos desexos”) pinchando aquí:
Podedes tratar de lelo e/ou que volo lean. Agardo que vos
guste!
Unha aperta da mestra de Lingua

