Lingua Galega e Literatura: O canciño Nicolau

Boas tardes!

Hoxe recoméndovos un libro en galego para este “Mes do libro”. Escollín Eu conto, ti cantas…, de María Victoria Moreno. Probablemente vos acordedes desta escritora porque dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2018.
Este libro contén tres contos de animais que están escritos en verso. Titúlanse: Xa non teño medoCan branco, can negro e Un cachiño de bica?

Podedes ler o comezo de Can branco, can negro na páxina 18 (lámina 16) deste documento que figura na ligazón:

Fonte do poema: Moreno, Mª V. (2018). Eu conto, ti cantas… Ilustracións de Manolo Uhía. Xerais, Vigo, 4ª ed., p. 25.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Podes escoller entre as seguintes actividades:

Le varias veces o poema ata conseguir comprendelo. Quizais lle teñas que pedir axuda a alguén para entender algunha parte.

Contesta a estas preguntas:
Copia o poema (a protección por Dereitos de autor non me permite copiarcho aquí en letra minúscula enlazada, podes intentar facela ou copialo en maiúscula) e fai un debuxo.

Inventa un conto para o canciño do poema. Podes comezar así:

O canciño Nicolau
Había unha vez un canciño chamado Nicolau que vivía...

Cando remates o conto fai un debuxo.

Boa fin de semana!

Unha aperta
A mestra de Lingua

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬