Lingua Galega e Literatura: Frida e Florinda


Bo comezo de semana!
Saístes a pasear onte? Como foi? Agardo que moi ben.

Hoxe propóñovos repasar unha lectura que xa lemos en clase. Acordádesvos de Frida e Florinda? A narración titúlase “Flores con sorpresa” e está en A nave dos libros, nas páxinas 72 e 73.
Se non tedes hoxe con vós A nave dos libros non vos preocupedes. Podedes ler e facer este exercicio que propoño con calquera outro texto en galego.

Proceso:
  • Primeiro fíxate no título e nos debuxos. Que podemos saber a través deles?
  • Despois le en silencio a lectura tratando de comprendela.
  • A continuación, podes pedir que alguén cha lea en voz alta e animarte a ler ti tamén un fragmento en voz alta.
  • Logo repasa a lectura fixándote en todas as palabras que teñen maiúscula inicial e pensa no motivo, como faciamos na clase.

Lembra que pode ser porque:
  • É a primeira palabra do título ou dun texto.
  • É a primeira palabra dunha oración.
  • Esa palabra está despois de punto.
  • Esa palabra é un nome propio.

Unha aperta
A mestra de Lingua

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬