Lingua Galega e Literatura: Letra X x

Moi bo día! 😊

Hoxe retomamos o repaso das letras. Lembras que na aula comezaramos a repasar o “x”? 

Estiveramos lendo "O rei mozo e o reloxo" en A nave dos libros e había moitas palabras que contiñan esta letra. 
  X   x

PROPÓÑOCHE A SEGUINTE ACTIVIDADE:

1- Busca "O rei mozo e o reloxo" no índice de A nave dos libros. Mira o número de páxina e busca a lectura no libro.

2- Fíxate nas ilustracións e, se é posible, coméntaas con alguén.

3- Le o conto.

4- Repasa a lectura e fíxate en todas as palabras que levan X / x.

5- Fai un listado con esas palabras. Se non entendes que significan pregúntalle a alguén.

6- Se é posible, lelle a alguén un fragmento da lectura en voz alta.

7- Pídelle a alguén que che lea a lectura en voz alta.

8- Escribe oracións sobre a lectura na que aparezan algunhas desas palabras con X / x.

9- Fai un debuxo relacionado coa lectura.

10- Explícalle a alguén, en galego, que aparece representado no teu debuxo.

E se queres saber máis?

Preme nesta ligazón e accede ao Dicionario da Real Academia Galega:

En "Busca simple" pon X ou x e agarda un momento sen pulsar sobre a lupa. Verás que se desprega un listado de palabras que comezan por esta letra. Podres probar a facer o mesmo pero escribindo xa, xe, xi...

Un saúdo afectuoso

A mestra de galego

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬