Lingua Galega e Literatura: PRIMAVERA


Bos días, nenos e nenas!

Non podemos deixar pasar por alto o cambio de estación, a PRIMAVERA XA CHEGOU! O inverno rematou, o verán está por vir e o outono... Aínda falta moito!



Aprenderemos uns versos sinxelos, que memorizaremos e, cando os teñamos na cabeza, reescribiremos sen mirar. Despois podemos facer un fermoso debuxo, cheo de flores e alegres cores.

MEDROU UNHA PLANTA
MEDROU UN AMOR
MEDRARON TRES FLORES
NO TEU CORAZÓN.

🌸🌼🌷🌺🌸

MEDROU UNHA FOLLA
MEDROU A CALOR
MEDRARON TRES FROITOS
NO TEU CORAZÓN.

Estes versos pertencen a un poema de Antonio García Teijeiro publicado no libro As catro estacións (Galaxia).

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬