Lingua Galega e Literatura: O ABECEDARIO (I)
Queridos nenos e nenas:
Coa axuda desta canción repasaremos o abecedario galego:
ACTIVIDADE
ESCOITA A CANCIÓN varias veces e deixa que se che pegue
ese retrouso que se repite tanto: “Co A, B, C, D, co E, F, G…”
FÍXATE NO VÍDEO: A letra da canción aparece acompañada de
debuxos que, na maioría dos casos, non se corresponden con ela, pero si coinciden
coa letra do abecedario que toca.
CALIGRAFÍA: Escribimos o abecedario en maiúsculas. Podes
ir parando o vídeo para comprobar.
CONTA as letras do abecedario. Faltan letras nesta
canción? Pode parecelo, pero lembra que o abecedario galego non ten o mesmo
número de letras ca o castelán.
No seguinte post completaremos esta actividade, desvelando
o vocabulario que pechan os debuxos da canción e repasando as minúsculas.
Un saúdo
A mestra de Lingua