Lingua Galega e Literatura: A HORTA DE BALBINA


Xa que estivemos pola cociña, imos achegarnos agora a unha horta, para coñecer algúns dos alimentos que nos proporciona.

Farémolo con esta canción de María Fumaça, “A horta de Balbina”.

Recomendacións:
1-      Escóitaa primeiro unha ou dúas veces sen ver o vídeo. Cantos nomes de alimentos escoitaches? Anótaos facendo un listado.
2-      Escóitaa de novo mentres visualizas o vídeo. Podes engadir algún alimento?
3-      Memoriza o retrouso e anímate a cantalo.
4-      Tes ganas de cantar e bailar? Podes seguir a coreografía do vídeo.
5-      Se aínda tes tempo, podes tratar de escribir de memoria o retrouse e/ou facer un debuxo relacionado coa canción.

* Pregunta á túa familia se coñece algunha horta como a de Balbina. Pregúntalles que saben das hortas, cando se poñen, que se planta...

Déixoche aquí unha fotografía do verán pasado dunha horta que coñezo moi ben ;)



Un saúdo
A mestra de galego

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬