Lingua Galega e Literatura: Busca de poemas de primavera
Bos días!
1-
Lectura
Propóñoche
facer unha busca de poemas relacionados coa primavera en A nave dos libros.
Hai varios, aínda que non leven a palabra primavera no título.
Pistas:
- Un deles
ten como protagonista a una animal que cando se despraza deixa un rastro
prateado. Escribiuno Ana M.ª Fernández.
- Noutro non
aparece a palabra primavera nin no título nin en todo o poema, pero sabemos que
é primavera. A protagonista é unha nena e escribiuno Xosé Neira Vilas.
- Se
atopaches o anterior, moi preto del verás a unha bolboreta e unha flor ilustrando
un poema de Helena Villar Janeiro.
- Non
podemos deixar o que se titula co nome desta estación. Escribiuno Antonio
García Teijeiro.
Atopáchelos
todos? Podes practicar un cada día desta semana.
2- Escritura
![]() |
| Imaxe de Elle Ritter en Pixabay |
Seguro que
lembras que cando escribimos en minúscula temos que poñer maiúscula inicial
nalgunhas palabras (a principio de texto, a principio de oración, despois de
punto, nomes propios...).
Hoxe
practicaremos cos nomes propios de persoas: nomes e apelidos de persoas.
Primeiro faremos
unha listaxe cos nomes dos autores e autoras dos poemas de primavera:
Despois podemos completar a listaxe cos nomes e apelidos doutras persoas (familiares,
amigos e amigas...).
Que teñades un bo día!
Unha aperta
A mestra de Lingua

