Educación artística
Bos días meus pequenos e pequenas!!
Toca debuxar! E diredes vos...hoxe non é venres, non hai clase de plástica profe. Tedes toda a razón, pero é que onte foi un día moi especial para este mundo que tanto temos que coidar. O 22 de Marzo celébrase o día internacional da auga 💧. É por iso que vos propoño que fagades un debuxo cheo de cores azuis, con milleiros de pingas de auga, ríos repletos de peixes, océanos surcados por barcos piratas...o que queirades, pero que reflexe o bonita que é a auga.
Como actividade extra, pídovos que faledes co voso pai, ca vosa nai, cos avós e con quen poidades, acerca do uso responsable da auga e porqué é un recurso tan importante.
Unha última cousa. ¿Axudades a regar as plantas da casa? ¿Non? Pois é unha boa oportunidade para botar unha man!
Saúdos,
O voso titor.