ATA O LUNS 23


Ola nenas e nenos de 1º!


Como xa sabedes, os vindeiros días non serán lectivos, así que seguiremos coa formación non presencial o luns día 23 de marzo.

Nestes días hai varias datas destacadas:


  • Xoves 19 de marzo: Festivo, San Xosé. Día do Pai. PARABÉNS! 👨
  • Venres 20 de marzo: Festivo de Centro. Tamén comeza a PRIMAVERA! 🌼
  • Sábado 21 de marzo: Día Mundial da Poesía. 📖
  • Domingo 22 de marzo: Día Mundial da Auga. 💧

En relación con algunhas destas datas propoñeranse actividades o vindeiro luns.

Se mentres queres seguir facendo algunha actividade do colexio, podes revisar os anteriores posts, ou tomar como referencia a Proposta xeral de actividades de 1º (o primeiro post).

Aproveito para recordarche que nós propoñemos actividades e recursos, porque seguimos traballando na túa formación, pero non é necesario que as fagas todas nin que fagas todas o día que as propoñemos. Escolle coa axuda da túa familia na medida das posibilidades! E se hai algunha dúbida atenderémola a través do correo electrónico do colexio.

Os crocus anunciaron hai xa unhas semanas que a primavera estaba a chegar


Un avance...con moita arte!

A primavera na pintura 🌸
Unha das pinturas máis famosas da historia da arte é A primavera (ca. 1480) de Sandro Boticelli. Pintouna cara 1480 e atópase actualmente na Gallerie degli Uffizi (Florencia, Italia). Mide nada máis e nada menos que 207 x 319 cm! 

Queres vela dende a casa? 

Se che gustou e queres vela mellor, ampliándoa para percibir todos os detalles, podes facelo grazas á tecnoloxía HD. Preme na ligazón:

Na música 🎼
Queres escoitar A primavera, de Vivaldi?
(VIVALDI. As catro estacións. A primavera. 3º Movemento)

E relaxarnos e mobilizarnos un pouco con exercicios de Ioga 💆

Preme na ligazón:  Ioga todos os días



Ata o luns! 👋

Unha forte aperta

O titor de 1º EP

Entradas populares de este blog

Thank you card!

Wild plants and crops and this or these

How to make your Windmill and review about water🚰 and air🌬